Job Description
En Design Thinkers and Makers S.L. buscamos unha persoa organizada, resolutiva e próxima que nos axude a coordinar o día a día dos diferentes proxectos da empresa (Vermislab, Psicoloxía Vermislab, Maker Faire Galicia e Designthinking.gal ).
Cal será a túa misión?
Serás unha figura clave na organización interna da empresa, combinando tarefas administrativas coa coordinación de clientes, familias e provedores.
Que farás no teu día a día?
- Recoller, organizar e enviar documentación.
- Preparar e xestionar domiciliacións bancarias.
- Realizar o seguimento de cobros, pagamentos e documentación administrativa.
- Atender e resolver consultas de clientes e colaboradores.
- Coordinar proxectos con clientes.
- Coordinar provedores e necesidades loxísticas.
- Preparar orzamentos, documentación, formularios e trámites administrativos.
- Organizar calendarios, tarefas, documentación...
Ready to Apply?
Take the next step in your AI career. Submit your application to Designthinking.gal today.
Submit Application